Monday 29 de April de 2024

O delegado da Xunta comprométese a estudar a posibilidade de ampliar o apacadoiro e o patio do CEIP Otero Pedrayo da Laracha


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse co alcalde da Laracha, José Manuel López, para abordar os proxectos da Xunta no Concello. No encontró analizouse a proposta do alcalde para levar a cabo a ampliación do patio e do aparcamento do CEIP Otero Pedrayo para prestar un mellor servizo a este centro. O delegado comprometeuse a analizar a proposta.

Trenor destacou o excelente funcionamento deste centro educativo que conta con 603 alumnos e conta con numerosos programas educativos como o Plan Proxecta, o Plan director da Garda Civil, colabora con CIM do Concello e conta coas liñas de Emocións, Patios, Creación Actividades de Contornas Virtuais e Biblioteca.